Seguidores

lunes, 25 de noviembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA EEI DE OLAS

Co motivo da celebración do Día da Eliminación da Violencia de Xénero, os PEQUECHOLAS estivemos falando da importancia do tema a través duns carteis que traían unhas mensaxes...pero sobre todo a través do libro de:

"Artur e Clementina", da Ed. Kalandraka.

O que fixeron xusto ó acabar o conto  foi elaborar a sua propia CLEMENTINA, prometendo que as cousas que lle ían dicir cada vez que a miraran, serían fermosas.

Aquí vos deixamos unha versión en castelán por si vos apetece recordar este conto :



miércoles, 20 de noviembre de 2019

ANIVERSARIO RUBY

Estivo de aniversario a nosa PEQUECHOLA Ruby, e celebramos unha festa fantástica.

Ese biscoito estaba boísimo....😉


PARABENS RUBY!!!!




ANIVERSARIO DANIELA

Esta semana estivo de aniversario a PEQUECHOLA Daniela, e celebrámolo por todo o alto!

PARABENS Daniela!!!! O biscoitos estaban boísimos! 😉




lunes, 11 de noviembre de 2019

TRABALLAMOS A LECTOESCRITURA

Boas a todos e todas!

Os PEQUECHOLAS de 3 e 5 anos estamos moi contentos, xa que estamos investigando  para poder aprender a ler e escribir... empregando as nosas lupas, coñecendo letras novas dese país tan divertido...xogando cunha morea de cousas...


Non só estamos aprendendo a ler e escribir, senón que tamén estamos a facer problemas de matemáticas e aprendendo a xogar ó dominó! Non sabedes canto nos gusta!




martes, 5 de noviembre de 2019

I CONCURSO DE CABAZAS NA EEI DE OLAS

Fixemos un concurso de cabazas, no que todos os pequechos de Olas participaron.... e vaia cabazas máis terroríficas que trouxeron! QUE MEDO!

Como todos sabemos, cando hai un concurso ten que haber uns premios. Pois aquí están!

lunes, 4 de noviembre de 2019

O NOSO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, fixemos unha morea de cousas.
Un mural con caras terroríficas, onde asustamos un montón.

Decoramos a nosa clase de forma terrorífica...


Vaciamos cabazas e fixemos un concurso...






O MURAL DO OUTONO

Aroveitando que andamos no OUTONO, os pequechos de Olas quixeron facer un mural moi orixinal.
Empregando follas que trouxeron da casa, plastificando e poñéndolle unha cara moi linda, conseguimos que a nosa árbore quedara XENIAL. Aquí está: